lunes, 24 de octubre de 2011

Versión I: What a wonderful world

Comenzamos unha nova temática no blog sobre versións de grandes cancións que ben merecen ser mostradas, xa sexa por ser curiosas ou porque loitan coa orixinal en canto a calidade.

Partimos neste tema cunha obra de arte orixinal, como é a canción de Louis Armstrong "What a wonderful world". Armstrong era un trompetista e vocalista de jazz, unha das figuras máis carismáticas, innovadoras e coñecidas da historia deste xénero. A súa personalidade e capacidade creativa, conseguiron levar o jazz dende o status de música de entretemento a unha das máis valoradas formas de arte.



Despois desta magnifica canción, calquer intento de versionala seria un gran reto. Reto que levou a cabo no 2002 Joey Ramone vocalista do grupo americano Ramones. Un intento moito máis rockero, que persoalmente inda sen chegar a maravilla de Louis Armstrong, é capaz de mostrarnos ese mundo tan maravilloso.

4 comentarios:

  1. A min sempre me tivo un punto esta (non tan roqueira):
    http://youtu.be/R5Im-uXdjYk?t=2m35s

    ResponderEliminar
  2. Mola!! inda que sigo preferindo a do gran Armstrong, gran aporte! xD

    ResponderEliminar
  3. Foi sen intención, pero unha vez visto non é raro pensalo ;)

    ResponderEliminar