viernes, 21 de octubre de 2011

The Stone Roses voltarán aos escenarios

Había tempo que se viña rumoreando e xa temos confirmación oficial: The Stone Roses reúnense, e ademais fano por todo o alto. O cuarteto de Manchester, que volve coa sua formación orixinal, levaba apartado da música dende 1996, cando o grupo se disolveu logo de lanzar dous discos que deixaron moi boas sensacións, especialmente o primeiro deles. Dende aquela os rumores sobre a reunión do grupo foron constantes, mais habitualmente a formación apresurábase a desmentilos. 

A banda de Ian Brown dará dous concertos na cidade que os veu nacer. As actuacións terán lugar en Heaton Park os días 29 e 30 de xuño de 2012. Ademais semella que o grupo volve con folgos renovados, pois pretende xirar polo mundo o próximo ano e non descartan a idea de gravar un novo álbum no futuro.

Por se non os coñecedes (ou si e queredes disfrutar do seu directo), deixámosvos un corte do concerto de Ian Brown durante o T in the Park de 2006 no que interpreta un dos singles da súa banda, I wanna be adored

No hay comentarios:

Publicar un comentario