miércoles, 26 de octubre de 2011

Disco recomendable I: Made in Japan


Comenzamos unha nova tematica neste blog, nas que recomendaremos algun disco de música que máis que recomendable é imprescindible escoitalo.

E que mellor disco para comenzar co tema que que o Made in Japan de Deep Purple, banda de hard rock formada en Inglaterra en 1968. Está considerada como unha das bandas precursoras do heavy metal e do hard rock.


O disco foi grabado en directo en Osaka e en Tokio en agosto de 1972 coa maioria de cancións do álbum Machine Head publicado ese mesmo ano. Sen ningun añadido de estudio todo o que se escoita no disco é o concerto tal e como sonou.


Se en algo destaca este disco é na gran cantidade de improvisacións que realizan os membros da banda e nas versións estendidas da maioria das cancións, o que o convertiron no mellor disco en directo da banda e nun dos grandes acontecementos da música rock.

Un bo exemplo do seu recoñecemento mudial é o riff co que comenza "Smoke on the water" é un dos máis coñecidos e tocados do mundo, ademáis de que a versión en directo desta canción é máis coñecida que a de estudio. E que mellor forma de pechar esta entrada que con este tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario