jueves, 27 de octubre de 2011

Eruption de Van Halen

Eruption é unha canción, tan só intrumental, do guitarrista americano Eddie Van Halen, cofundador do grupo de hard rock Van Halen co seu irmán Alex. Neste tema o xenial guitarrista, considerado un dos mellores da historia, realiza unha incrible técnica coa sua guitarra para conseguir un son único.

Esta técnica, chamada tapping, non é orixinaria deste home, xa que o guitarrista de Genesis, Steve Hackett, foi o primeiro en usala, inda que Van Halen foi quen realmente a desenrolou. A técnica consiste en usar os dedos da man que sostén a púa para tocar no mástil, a vez que coa outra man se sosteñen as notas. Esto provoca un son único, que non parece que saia dunha guitarra.

Deixovos co tema que demostra as suas dotes, a partir do segundo 40 é bestial, disfrutade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario