sábado, 29 de octubre de 2011

Arctic Monkeys publican o vídeo de 'Evil Twin'


Bastante raro o que acaban de facer Arctic Monkeys. O novo single da banda de Sheffield, Suck it and see, ten previsto ser lanzado o próximo luns 31 de outubro. Será o terceiro sinxelo que se extrae do último seu último álbum, logo de Don't sit down 'cause I've moved your chair e The Hellcat Splanged shalalala.

Ademais da canción que dá nome á publicación, como cara-b incluirase a inédita Evil Twin. É un movemento estraño, pois o habitual é que os grupos graven un videoclip para os singles (que xa o ten) e non para as pistas secundarias coma esta. A secuencia, de estética western, prosigue coa temática que os monos mostraran xa no seu anterior vídeo.


Sen máis, deixámosvos coa gravación. Xa vos advirto que, sen ser a súa mellor canción até o momento, o audio destaca sobre o vídeo, que non é ningunha marabilla. Que vos parece a vós?

No hay comentarios:

Publicar un comentario