miércoles, 3 de abril de 2013

Novo disco e adianto de Airboune

A banda australiana de hard rock Airboune, da que tan dificil é falar sen mentar os seus adorados AC/DC, presenta novo disco, Black Dog Barking, que será o terceiro na carreira desta fantástica e explosiva formación.

Despois de acadar un enorme éxito cos seus dous primeiros álbums, debido en gran medida os impactantes directos, este vindeiro 21 de maio sairá a venta este novo disco que continua co seu inamobible e atinado estilo, que tanto nos recorda a banda australiana por excelencia (AC/DC), e que tanto nos gusta.


A propia banda deixaba o seguinte comunicado referente a próximo disco:
"Puxemos todo o esforzo e empeño neste disco, pero non só por parte do grupo, senon tamén da xente de producción que traballaron incontables horas, sete días a semana incluso no Nadal e Ano Novo para conseguir as mellores interpretacións posibles e os mellores tóns e sóns para o disco. Agora estamos a piques de poñervo-lo diante así que collede unha cervexa e preparadevos para un pouco de bó rock n' roll directo os vosos oídos."

Podemos ir quentando xa coas cervexiñas e con este adianto do disco, Live it Up.

No hay comentarios:

Publicar un comentario