martes, 2 de abril de 2013

Adianto e portada do novo disco de Deep Purple

Moito ten cambiado a banda inglesa Deep Purple dende os seus comenzos ala polo 1968, agora xa sen Ritchie Blackmore ou Jon Lord e tras oito anos do último disco (Rapture Of The Deep), regresan con este Now What?! que saldrá a venta o próximo 26 de abril.


Os de Ian Gillan aseguran que non tiveron ningún tipo de norma ou limite a hora de grabar o álbum, provocando unha mistura entre o rock orixinal dos anos setenta e a evolución sufrida nestes anos. Grabado en Nashville nos Estados Unidos, o disco producido por Bob Ezrin, contará con once temas, do que xa podemos disfrutar deste adianto, chamado All The Time in The World.


¿Que vos parece?

Novo disco no medio dunha xira mundial que os levará por paises coma Australia, Alemania, Singapur e o Nepal entre outros, pero que demomento semella que non pasará cerca nosa, unha magoa.

Lista de cancións:
1. A Simple Song
2. Weirdistan
3. Out Of Hand
4. Hell To Pay
5. Body Line
6. Above And Beyond
7. Blood From A Stone
8. Uncommon Man
9. Après Vous
10. All The Time In The World
11. Vincent Price

No hay comentarios:

Publicar un comentario