jueves, 14 de marzo de 2013

Versión Boom Boom

O tema de hoxe, Boom Boom, é unha canción de blues escrita en 1961 polo xenial músico americano John Lee Hooker, sen dubida a sua canción máis famosa, e versionada en numerosas ocasións, dende The Yardbirds, Dr. Feelgood ou Bruce Springsteen and the E Street Band.



Ainda que moitas das versións son sumamente destacables, como a de The Yardbirds, existe unha que se leva a palma, a realizada polos Animals ala no 1964, grupo do que xa falamos nesta entrada.

A versión foi incluida no álbum de debut da banda inglesa, convertindose a sua adaptación en todo un clásico, e disputandolle en fama a orixinal. Sen manter a estructura de doce compases orixinal e con algún pequeno añadido na letra (como a contestación de "shake it baby" como resposta a "come on and shake...") conseguiron un tema que desborda de enerxía e blues por todos os costados. Unha excelente versión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario