miércoles, 13 de marzo de 2013

Disco recomendable Who's Next

Tempo fai da última entrada da nosa serie de discos recomendables, na que falabamos do xenial The Dark Side of the Moon dos Pink Floyd. Nesta ocasión falaremos do clásido de 1971 Who's Next da banda británica de rock The Who.


Sendo o quito álbum da banda inglesa, é considerado o mellor de toda a sua traxectoria, e un dos mellores álbums de todos os tempos. Naceu como o proxecto Lifehouse, onde a banda pretendía facer unha ópera rock de ciencia ficción que fora a sucesora do seu cuarto disco Tommy de 1969, según o propio Pete Townshend (guitarrista e compositor) pretendía ser "unha ópera-rock futurista, un álbum conceptual grabado en directo como música dun proxecto cinematográfico".

Un proxecto que resultaría intratable, decidiron aparcalo durante un tempo, e aprobeitar algunha da moitas cancións escritas por Townshend para sacar un disco con temas sin relación, o Who's Next, convertindose así no seu disco máis aclamado.

Un disco que non ten nin un segundo de desperdicio, comenza e remata con duas obras maestras, Baba O'Riley e Won't Get Fooled Again, e compende marabillas coma Getting in tune e Behind Blue Eyes, capaces de emocionar e exaltar a calquera. Sen lugar a dúbida un disco máis que recomendable.


Lista de cancións.

1. Baba O'Riley
2. Bargain
3. Love Ain't for Keeping
4. My Wife
5. The Song Is Over
6. Getting in Tune
7. Going Mobile
8. Behind Blue Eyes
9. Won't Get Fooled Again
Via @elmadno

No hay comentarios:

Publicar un comentario