lunes, 29 de octubre de 2012

Versión Hurt

Hoxe acercamosvos unha de esas versións que poden superar en calidade a orixinal. Tratase da canción Hurt composta en 1994 polo cantante e compositor Trent Reznor da banda estadounidense Nine Inch Nails.
Falamos dunha canción poderosa e moi triste, difícil que outro artista a versionara con éxito.

Foi o gran Johnny Cash no 2002 quen conseguiu nos seus últimos anos de vida facer seu este tema, dandolle un novo sentido a letra e apartandoa musicalmente da orixinal. O propio Trent Reznor asegura que a primeira vez que veu o video de Johnny Cash "As bagoas comenzaronme a brotar", "Dinme conta que xa non era a miña canción".

Cunha voz profunda e sabia, un johnny Cash que sabe que o seu fin está cerca, convirte o tema nunha retrospectiva da sua vida, unha canción de despedida, de arrepentemento e disculpa por todos os seus erros e a todos aqueles que fixo daño ("Hurt").

A voz profundamente afectada, demostra o sentimento do tema, dun epitafio en vida co que calquera se emociona ou se lle pon a pel de galiña. Unha versión que sen dubida pola miña parte superou a orixinal.



Para que poidades comparar a orixinal por Nine Inch Nails.

No hay comentarios:

Publicar un comentario