miércoles, 31 de octubre de 2012

Aerosmith presenta novo disco

A banda estadounidense de hard rock Aerosmith, despois de once anos da publicación do seu último disco de estudio ("Just push play"), de infinidade de problemas internos na banda e de posibles disolucións, presentan o seu novo álbum "Music for another dimensión", semellando que os problemas entre os integrantes son cousa do pasado.


Neste novo disco, que saldrá a venta o día 6 de novembro, a banda retoma as suas raizes máis rockeras para conseguir "un Aerosmith novo e antiguo a vez", como o propio Steven Tyler afirma. O adianto que presentan como primeiro single do álbum, "Legendary Child", é unha revisión dun tema descartado nas sesións de grabación do disco "Get a Grip" publicado no ano 1993.

Un novo disco que promete traernos o espíritu vivo de Aerosmith, co seu saber adaptarse ós tempos.

1 comentario:

  1. O que teñen é moito sentido do humor. Ainda estou a esmendrellarme coa intro do vídeo. E o clip na súa liña. Aínda que non chega á calidade dos que facían no 90. Pero bueno, benvidos sexan de novo, tóxicos ou non

    ResponderEliminar