martes, 25 de septiembre de 2012

32 anos sen Bonzo Bonham

Hoxe cumplense 32 anos da morte de John Henry 'Bonzo' Bonham batería de Led Zeppelin, grupo do que xa falamos máis dunha vez. Unha morte que trastocou os plans dunha das mellores bandas da historia, ata decidir que John Bonham era irremplazable, o que provocou a disolución do grupo.


A morte produxose tal día como hoxe, un 25 de setembro de 1980 na mansión de Jimmy Page en Clewer, Windsor, afogado co seu propio vómito, tras tomarse arredor de 40 vodkas en 12 horas, cando tan só tiña 32 anos de idade. Unha tráxica morte que privou ó mundo das suas dotes coa batería.

Todavia hoxe, 32 anos despois da sua morte é considerado como un dos mellores baterías da historia, e un dos máis influintes, xa que cambiou a forma de tocar na sua época por unha máis dura e sen tantos adornos, alexandose do estilo clásico do Blues e do Jazz.

A revista musical Gigwise colocouno no primeiro posto do seu ranking dos mellores baterias da historia. Simplemente magnifico, tan só nos deixa unha gran duda, ¿ata onde chegaria Led Zeppelin se John Henry "Gonzo" Bonham non fallecera en 1980?.

Deixovos con unha das suas actuacións máis famosas en duas partes, Moby Dick, onde se pon a tocar coas máns desnudas. Sen palabras.





E de último un video dun solo, que inda que parece que está acelerada a imaxen, non o está. http://youtu.be/7_oxPrz2nH8

No hay comentarios:

Publicar un comentario