domingo, 17 de junio de 2012

Green Day publican a portada e un adianto do seu novo disco

Green Day levan un tempo asegurando que se atopan nun dos mellores momentos creativos da súa carreira, cousa que, logo de 25 anos de carreira, non ten pouco mérito. Polo de agora non podemos asegurar que esta etapa creativa sexa tan positiva como aseguran, pero o que si está claro é que é, cando menos, prolífica, pois nos próximos meses non lanzarán un senón tres discos.
O primeiro deles levará por nome ¡Uno!, título elocuente onde os haxa, e chegará o 24 de setembro coa cara de Billie Joe Amstrong na tapa. Agora está moi de moda publicar un trailer para anunciar o lanzamento do disco, e Green Day non ían quedar atrás, como podes comprobar.
Falta por saber se o audio do vídeo forma parte de algún fragmento do álbum, porque soa distinto ao que ven sendo habitual en Green Day e sería interesante ver como se desenvolve a a banda afastándose do punk rock reivindicativo que tan bo resultado lles deu ata ao momento.
O segundo disco da triloxía, ¡Dos!, chegará o 12 de novembro, e o terceiro ¡Tre! (que idioma é ese?), o  14 de xaneiro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario