martes, 12 de junio de 2012

Amaral trae o seu lado máis "salvaxe" ao Coliseum da Coruña


Tras catro actuacións en Narón e Ourense o pasado mes de outubro, Amaral volve a Galicia para presentar "Hacia lo salvaje", o sexto traballo de Eva Amaral e Juan Aguirre.

"Hacia lo salvaje" é unha viaxe a ese mundo máis animal, que soa a directo e que ten poucos arranxos de postprocesado. Recolle así mesmo a esencia do esmero co que foi gravado, fuxindo de grandes discográficas para ser editado por Discos Antártida, o selo propio do grupo zaragozano.

No concerto tocaranse todas as cancións do novo disco, incluída Riazor, adicada á praia coruñesa, así como tamén os grandes temas de toda a traxectoria musical de Amaral.

A cita terá lugar no Coliseum de A Coruña o vindeiro 30 de xuño ás 22.30 horas. As entradas pódense mercar a través de Servinova, en www.servinova.com ou no teléfono 902504500.

No hay comentarios:

Publicar un comentario