miércoles, 11 de abril de 2012

Versión Bad to the Bone

Bad to the bone, é unha canción americana que se identifica con ZZ Top dende a primeira estrofa, pero orixinalmente o tema non é da colleita deste xenial grupo do sur de Estados Unidos, senon doutro grupo tamen sureño chamado George Thorogood & The Destroyers.

Este tema publicado en 1982, foi versionado pola banda texana de hard rock e rock sureño ZZ Top, composta polo guitarrista e cantante Billy Gibbons, o baixista e tamén cantante Dusty Hill e polo batería Frank Beard, tamen coñecida como "The Little Old Band from Texas" polos seus fans. A fama desta versión superou con creces a acadada pola orixinal, convertindose case noutro dos temas icono de ZZ Top.

Un autentico temazo blues rock, onde a versión superou a orixinal.


Para que poidades comparar, a orixinal de George Thorogood & The Destroyers. http://youtu.be/ylEM627lMkQ

No hay comentarios:

Publicar un comentario