viernes, 13 de abril de 2012

The Blues Brothers

The Blues Brothers é unha banda de blues e soul creada en 1978 coa intención de revivir o interese nestes dous xéneros musicais. Foi formada polos cómicos Dan Aykroyd e John Belushi como parte dun número cómico do programa americano Saturday Night Live.

A banda comezou a ter éxito fora da pantalla da televisión, publicando o seu primeiro álbum "Briefcase Full of Blues" nese mesmo ano, e tan só dous anos despois, en 1980 grabarón unha película tamen chamada The Blues Brothers (en España chamouse "Granujas a todo ritmo").

Nesta pélicula onde se mezclan a partes iguais humor e moi boa música, destacan as numerosas colaboracións musicais de grandes artistas como James Brown, Cab Calloway, Aretha Franklin, Ray Charles ou John Lee Hooker.

Unha xenial película dun grupo único que nos deixan obras de arte como esta version de "Everybody Needs Somebody to Love".

No hay comentarios:

Publicar un comentario