martes, 6 de marzo de 2012

Anarchy in the U.K.

Como prosiblemente sabredes, Anarchy in the U.K. é unha canción da banda de punk inglesa Sex Pistols. A banda formouse en 1975 en plena crise económica e social do pais, onde os xóvenes eran os pricipais afectados (cousa que non nos sona de nada).

Nesta situación a música comenza a cambiar, o rock e o heavy xa non representa ós xóvenes e as dificultades que sufren. Pero todo cambia o chegar Sex Pistols, un grupo de catro xóvenes marxinados e enfadados, que representan a unha xeración que estaba en contra do sistema, o mesmo que lles dera as costas.

Con esta banda nace unha visión renovadora e inconformista do rock, o "Punk Rock". Mostraron ó mundo que con algo que criticar podiase facer unha canción, e a sua música incitaba a rebeldía, o anti-sistema, e a ter unha actitude de "do it yourself", (faino ti mesmo).

Da parte musical do xénero, dicir que o són pesado en conxunto cunhas letras venenosas formaban estes temas que invocaban a rebeldía, e que a técnica non era en absoluto importante, chegando incluso a despreciar a música anterior.

Con Sex Pistols naceu o Punk, e nada mellor para facernos a idea que o seu tema de debut.

No hay comentarios:

Publicar un comentario