lunes, 27 de febrero de 2012

As cancións instrumentais tamen molan

Hoxe mostramosvos que na música a letra non ten por que ser imprescindible para facer unha moi boa canción. Se vos non o tendes tan claro, dende Rocking na E-ira queremos convencervos co tema Jessica da banda do sur de Estados Unidos The Allman Brothers Band.



Un fermosisimo tema dun grupo considerado xunto a Lynyrd Skynyrd (os do Sweet Home Alabama) como os precursores do Rock Sureño, e tamén como os "arquitectos" deste xénero.

Formados en 1969 cunha xenial mezcla dos estilos de blues, rock e jazz, destacan pola habilidade instrumetal e pola enorme capacidade que teñen todos os membros para a improvisación, caracteristica máis propia das "jam sessions" (reunións de músicos de jazz para improvisar e disfrutar da música).

¿E vos que opinades despois de escoitala?

2 comentarios:

  1. o parecido non é cousa miña non?
    http://www.youtube.com/watch?v=bwX-KS1816c&feature=related

    ResponderEliminar
  2. Parecido razonable, polo que se ve tomaron a canción para facer o comenzo do tema deste programa inglés de televisión.

    ResponderEliminar