lunes, 27 de febrero de 2012

Arctic Monkeys presentan novo single

Semella que, aínda estando de xira por medio mundo, a Arctic Monkeys lles sobra tempo para visitar o estudo de gravación con asiduidade. Dende o lanzamento de Suck it and see hai preto dun ano, raro foi o mes no que non coñecíamos un tema novo, normalmente en forma de cara-b de algún EP.
Hoxe chegou a inédita 'R U mine?' en forma de solitario single. O tema prescinde da metade do grupo, ao constar só de unha guitarra e batería, e segue profundizando no rock afilado e melódico ao que nos ven acostumando a banda dende hai un tempo.
Aos de Alex Turner non se lles esgota a imaxinación, pois o tema soa verdadeiramente interesante. O vídeo está ao final da entrada, e se queres mercar o sinxelo xa está dispoñible na tenda iTunes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario