sábado, 7 de enero de 2012

Lenny Kravitz anuncia concerto en A Coruña

Despois de que no 2008 xa nos deleitara coa súa música en Vigo, volve a terras galegas este músico americano para presentar o seu novo disco Black and White America, no que continua a súa exploración pola música negra, creando o seu propio estilo mediante a mistuara de soul, funk e rock.

Esta vez a cidade da Coruña será a encargada de acoller a actuación no Coliseo, o día 31 de maio. Unha gran noticia para todos os fans de Lenny Kravitz e para todos os galegos, xa que sempre é motivo de alegría que os grandes artistas nos teñan en conta.

Deixamosvos coa mel nos labios cun dos seus grandes éxitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario