miércoles, 4 de enero de 2012

The Killers lanzarán un novo disco este ano


Nunha entrevista concedida á BBC, o líder de The Killers, Brandon Flowers, asegurou que a banda está a preparar novo disco e que será lanzado en 2012, probablemente no verán ou no inverno. O cantante, que ata non hai moito tempo estivo separado do grupo presentando o seu traballo en solitario, declarou que xa teñen varias cancións gravadas.
Unha das que con seguridade aparecerá no álbum é Battle Born, tema que o cantante considera peza fundamental do disco e á que non dubidou en cualificar como killer. Ademais, aclarou que a intención da banda é coller o mellor de cada un dos seus álbumes para facer algo distinto ao que mostraran ata agora.
Polo tanto, o novo de The Killers entra, sen dúbida, na lista dos discos máis esperados para este 2012. Esperemos que co novo lanzamento aposten por un son distinto ao do seu último álbum, que para moitos resultou decepcionante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario