lunes, 21 de noviembre de 2011

Foo Fighters e Joan Jett

Esta semana pasada, nun dos shows nocturnos máis famosos e duradeiros da televisión estadounidense, Late Night with David Letterman, presentabase o novo disco da banda Foo Fighters cunha actuación en directo. E sorpresa, non actuaron solos, tiñan a compañia da cantante e guitarrista Joan Jett con quen tocaron unha das cancións máis coñecidas desta muller, Bad Reputation.



Esta muller e coñecida en parte polo enorme éxito que conseguiu coa sua versión dun tema da banda inglesa The Arrows, que realizou xunto o seu grupo Joan Jett and The Blackhearts en 1982. O tema, I Love Rock 'N Roll, todo un clásico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario