lunes, 14 de noviembre de 2011

Dr. Feelgood

Dr. Feelgood é unha canción da banda americana de glam metal Mötley Crüe, formada en 1980 por o baixista Nikki Sixx, o bateria Tommy Lee, o guitarrista Mick Mars, e o cantante Vince Neil. Esta banda é considerada unha das máis importantes e influintes da escena glam.

E que é a escena glam, pois é unha derivación do hard rock e heavy metal que data de finales dos 70's e os 80's na que as letras das bandas estaban enfocadas o sexo, as drogas, o alcohol e o pracer en xeral, cunha música na que destacaban os solos e os estribillos pegadizos. Todo esto acompañado dunha estética na que o maquillaxe, coiro, roupa colorida e pelo alborotado intentaba mostrar unha imaxen de sensualidade.

Despois deste inciso explicativo no que semella un tanto cómico este estilo musical, dicir que Mötley Crüe logrou vender máis de 80 millóns de discos en todo o mundo. E que precisamente coa canción Dr Feelgood, do álbum co mesmo nome, conseguiron manterse no número 1 da lista Top 100 de Billboard durante 109 semanas.

Agora xa sen esa estética, sigue sendo un grupo que ben merece ser escoitado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario