Este ano as organizacións dos festivais Brincadeira e Rock in Cambre decidiron xuntarse para realizar un festival de referencia na escena musical e cultural galega. Celebrarase os días 9,10,11 e 12 de agosto en Cambre, a tan só 10 quilometros da cidade da Coruña.
Dende o pasado 16 de abril podense mercar xa os abonos a traves de TicketMaster e de novagalicia banco, por só 25€ para os 2000 primeiros abonos, con acampada incluida. Un precio estupendo, tendo en conta a cantidade de grupos asistentes.
Gracias a organización conxunta do festival, conseguiuse formar un moi bo cartel, onde durante catro días poderemos disfrutar de grandes grupos internacionais como Status Quo, Calle 13, Tito e Tarantula, Mad Sin, Barb Wire Dolls, The Inspector Cluzo & Fb´s Horns, ou Demented Are Go, acompañados por grandes grupos galegos como Heredeiros da Crus, Ruxe Ruxe, Terbutalina ou Zënzar entre outros, e de grandes bandas nacionais da talla de Medina Azahara, Boikot, Lendakaris Muertos, Koma, Segismundo Toxicómano, Manolo Kabezabolo, La Pegatina, D´Callaos, Zulú 9.30, etc.
Por se vos parecia pouca cousa, tamén contará con actuacións de 10 grupos locais e 16 dj's, ademáis das simpaticas actuacións de grupos como Las Grecas, Cañita Brava y Los Demas e de Chimo Bayo. Todo esto nun recinto exterior con capacidade para máis de 40.000 persoas.
¿Precisades máis razóns para acudir?
No hay comentarios:
Publicar un comentario