Despois doutras entradas das que falabamos da música grunge, como na entrada de disco recomendable Nevermind de Nirvana, ou da entrada das 20 mellores cancións do Grunge, hoxe falaremos do que se pode considerar o máis grande grupo de grunge inda en activo.
Sen olvidarnos de que o grunge parte de Nirvana, existe outro gran expoñente deste xénero, falamos de Pearl Jam. Banda que nace en Seattle, Estados Unidos en 1990 liderada polo carismático cantante Eddie Vedder.
Co disco de debut, "Ten", romperon o mercado, a pesar de non ter demasiado éxito no momento do seu lanzamento, xa que foi en 1992 cando acadaron o posto número 2 da lista de ventas. A pesares de ser acusados de subirse ó tren de éxito da música grunge, Ten foi en parte decisivo na popularización do xénero "grunge", logrando ser 13 veces disco de platino.
A creación das cancións é canto menos curiosa, xa que a maioria comenzaron como "jam sessións" instrumentais ás que Vedder añadia letras sobre temas como a depresión, xente sen fogar ou os abusos.
Un autentico discazo dun grupo que sigue marcando a dinámica dun xénero que non foi cuestión solo de Nirvana, e que segue presente na música de outros moitos grupos, como é o caso de Pearl Jam.
Poderiamos elixir calquera dos temazos que nos deixa este ábum, algún deles xa se convertiron en clásicos da banda, tales como "Alive", "Even Flow" e "Jeremy".
Abofé que é un gran disco. Como xa vou un pouco maior puiden gozar con el no seu momento. Vin o vídeo de Alive na TV e flipei ( por certo, que era unha versión ao vivo non a publicada no disco) Tiven a sorte de ter un profe de inglés moi melómano que tiña o disco e que mo gravou nunha K7 PDM que aínda conservo.
ResponderEliminarPor pórme un chisco repunante diría que as pezas son boísimas pero se cadra a produción e un chisco "branda". De feito, no docu dos 20 anos de Pearl Jam de Cameron Crowe, eles quéixanse un pouco do mesmo
Un saudinho, e parabéns polo blogue
---
http://cccp.blogaliza.org
Graciñas!! sempre é un pracer facer algo que guste. Comparto a opinión de que a producción podería ter sido mellor, é máis cando a propia banda o dí, temos que quedar convencidos.
ResponderEliminar