lunes, 21 de octubre de 2013

Escoita (canto antes) Afterlife, o novo de Arcade Fire

Sendo prudentes e facendo un esforzo por conter a emoción, poderíamos dicir que temos moitísimas ganas de que chegue o próximo martes para escoitar o novo traballo de Arcade Fire, do que xa che contamos algo por aquí. Hoxe coñecemos Afterlife, un novo tema do álbum que debes escoitar antes de que algunha discográfica se encargue de facelo desaparecer de Soundcloud e que, xa falando do puramente musical, segue na desconcertantemente atractiva liña de Reflektor, é dicir, pop electrónico, denso e bailábel. Onde quedaron os Arcade Fire de Funeral? Alén de cuestións nostálxicas, Afterlife soa, para o que escribe, moi ben, tanto ou mellor que Reflektor, o primeiro adianto. A ver se hai sorte e se filtra o álbum completo un día destes. Por agora, escoita Afterlife (mentres dure en Soundcloud, que non adoita ser moito) e cóntanos.

Actualización: o enlace, como diciamos, durou pouco. Engadimos un novo (que tampouco durará moito).
Actualización 2: xa hai vídeo oficial, que con certeza durará máis que as ligazóns de Soundcloud.

No hay comentarios:

Publicar un comentario