viernes, 14 de junio de 2013

Versión de Over the hills and far away

Xa fai máis de dous anos que o gran guitarrista norirlandés Gary Moore nos abandonou súbitamente en terras malaguesas, e hoxe, sen máis motivo que calquer outro día, queremos recordar un dos seus grandes temazos. Como ven sendo habitual neste blogue, veremolo dende dous puntos de vista, orixinal e versión posterior.

A orixinal, como non podía ser doutra forma, pertence a este xenio das seis cordas, falamos do tema que compuso no ano 1986, "Over the hills e far away". Un tema potente e motivador, que abre o disco Wild Frontier, (o título fai referencia, que non versión, a canción de mesmo nome incluido no 5º disco de Led Zeppelin, Houses Of The Holy de 1973). Un temazo!!



Continuamos coa versión, realizada no 2001 pola banda finlandesa de power metal e metal sinfónico Nightwish, lanzada como single, é un claro homenaxe ó guitarrista. Mantendo a estructura da canción orixinal, parecen facer seu o clásico de Gary Moore. Unha versión moi ben levada, cunha voz impresionante.



Persoalmente prefiro clásico frente a versión, pero sen duda, calquera das duas son dous grandes temazos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario