viernes, 10 de mayo de 2013

Versión Hey Joe por Jimy Hendrix

Hoxe veremos unha sensacional versión dun clásico do rock, "Hey Joe", que foi rexistrado oficialmente no 1962 polo americanco Billy Roberts inda que se cree que é unha canción tradicional das montañas Apalaches. Conflictos de autoria aparte, a canción fixose moi popular nos 60's, e foi interpretada por multitude de grupos e en moi variados estilos ata o día de hoxe.


Pero se unha versión destaca por riba de todas, é a que abre o disco de debut da Jimi Hendrix Experience, o Are You Experienced? de 1966 (do que xa falamos). Tan só tres semanas despois de que Jimi Hendrix formara o seu grupo Jimi Hendrix Experience xunto ó baixista Noel Redding e ó batería Mitch Mitchell grabaron en Londres esta xenial adaptación do tema. Moito máis lenta que as versións anteriores de The Leaves (1965), e de The Byrds (1966), cun riff propiamente blues e unha interpretación vocal dramática e brillante convertiron está versión en todo un clásico, e nunha das mellores versións da historia

Un tema xenial onde Jimi Hendrix nos sorprende con un enorme derroche de técnica e recursos para deixarnos coa boca aberta. Disfrutadea!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario