viernes, 24 de mayo de 2013

Danko Jones + Bombus.

O pasado sábado 18 de Maio de 2013 os canadienses Danko Jones deron o penúltimo concerto da súa xira europea en Santiago de Compostela, un servidor estivo alí.

 Ás 20:30 agardaba relixiosamente nas portas da Sala Capitol co meu compañeiro e chofer nesta aventura, Fabián. Aí foi onde apareceu John Calabrese, baixista de Danko Jones, para saudarnos amigablemente e aceder a sacar unha foto con nós, primeira sorpresa agradable do que nos esperaba.

 Os responsables da Capitol cumpriron e ás nove abriron as portas, entro, merco unha camiseta e directo para a primeira fila.


Os actuais compoñentes de Bombus
O tempo pasaba e pasaba e a sala parecía baleira, de feito non o parecía: Estaba prácticamente baleira. Ás dez as luces apagan e saen Bombus ó escenario, os suecos que actuaron como teloneiros nesta xira europea. Son cinco os compoñentes deste grupo: baixo, dúas guitarras, e batería. Os encargados de poñer a voz nas cancións eran os guitarristas. Calificaría o seu estilo como heavy metal, empezan con Biblical: música lenta, pesada e contundente, pero cando escoitamos Apparatus xa non é tan lento, mais segue sendo pesado e contundente. Na terceira ou cuarta canción JC senta diante das barreiras e fai que nos animemos e espabilemos algo máis, aplaudindo e interactuando co grupo e co público da primeira fila. Para cando van acabar con Into The Fire a sala xa estaba chea e o público máis animado, inda que a súa música non acabou de entrar e non se viron mozos tolear facendo headbanging . Nótese que o baixista nos videos non é o mesmo (supostamente o de Apparatus e Into The Fire son o mesmo, pero moito non se parecen; o actual é o que sae no video de Apparatus) e o cambio nótase, o baixista actual non se queda quedo no escenario como fai o seu predecesor en Biblical, este móvese e interactúa cos compañeiros. Nótese tamén que, se ben non se aprecia nos videos, o batería é un fodido crack e non son o único en dicilo. En resumo: inda que non foron máis alá, queceron ó público antes de que chegase o verdadeiro espectáculo... e que espectáculo!

 
J C en Santiago
 Despois de que se recollesen os bártulos de Bombus (sobretodo a batería, que estaba posta diante da de Atom) Danko Jones tomaron posicións: J C á dereita do escenario, Atom coa batería ó fondo e sobre tarima (o típico, vamos) e Danko á esquerda. Sen presentarse comeza o concerto con Had Enough e xa sabemos que nos espera ó longo do concerto: Un bo directo cos tres compoñentes entregándose ó máximo. Na seguinte canción (Play The Blues) confirmo o que sospeitaba: J C é brutal é está terriblemente subestimado, pasou todo o concerto dando chimpos, movéndose, facendo xesto cara o público, cantando con nós; un crack, non hai máis que dicir. O directo deste grupo é incrible, e non o digo como fan obsesivo que son, realmente sentín que nunca antes escoitara Danko Jones e as poucas veces que me xirei para ver como estaba o resto da sala agradoume o que vin: todo o mundo entregado e disfrutando do concerto. Como xa falei de J C (en serio, enorme) e penso falar máis tarde de Atom, imosa falar de Danko Jones, o home que pon nome e cara a Danko Jones; Danko é un animal no escenario, un home cun comportamento moi definido, simpático, atrevido. O primeiro que fai despois do típico saludo (falou por pimeira vez despois de Play The Blues) é botarnos a bronca «levamos doce anos tocando en España e nunca antes tocaramos en Santiago, iso é unha p*** m****, como non me abucheades? Abucheademe!» e por se algún non entendeu o seu inglés (con acento canadiense, que tantos problemas me deu coa miña profesora) fainos xestos para que baixemos os polgares como se nun anfiteatro romano estivesemos.

 
Foto en Portugal (por Image do Som), pero vale para ver que o vive.
Despois disto seguiu a botarnos a bronca «por que non estades sacando todos fotos? Todos tendes móbiles. Despois desta canción non van ter batería, porque ides pasar toda a canción clic clic clic, sacando fotos sen parar. Isto é un concerto de Danko Jones, que esperabades?», o gracioso acerca dese comentario é que hai unhas tres semanas un crítico fixo unha crítica negativa ós seus concertos por ser un ególatra e non calar en todo o concerto. A canción que ía facer que descargasemos as baterías dos nosos teléfonos era Sticky Situation, e cando acabou volveu a botarnos a bronca, ou mellor dito botoulla a un único espectador «ei, ti. Si, ti, o que non para de mandar mensaxes. Eu estou aquí (fai xestos) desvivindome na canción e ti (imita a alguén mandando mensaxes) tiqui tiqui tiqui, tecleando sin parar, espabila». Tampouco se pode olvidar un clásico cando toca en España «¡mi nombre es Dan Cojones!», inda que eu lle intentara explicar na páxina de Facebook que en galego da o mesmo.

 E paso a comentar o máis destacado das seguintes cancións que tocaron: First Date, con esta conseguiu que todo o público cantase, posiblemente sexa a súa canción máis coñecida, e os coros son moi sinxelos; Just a Beautiful Day, esta si que é diferente en directo, como non é capaz de alcanzar o ton en «day» (ou ese supoño eu que é o motivo) cantaa doutro xeito e faina máis grave. Full of Regret ou Carallo, como se nota que cambiamos de batería, porque Atom leva pouco máis dun ano coa banda e por primeira vez nos directos de Danko Jones pódese escoitar un solo de batería que encaixa perfectamente na canción, Atom: outro máquina máis. Lovercall ou, Na que Danko nos fala dos seus atributos (se non sabedes de que atributos falo, botade un ollo aquí e aquí) «esta é unha canción sobre sexo oral, pero non calquer tipo de sexo oral, non, sexo oral feito a unha muller».
O cartel que fixo que se cambiase a setlist.
Invisible ¿que? ¿Invisible? ¿pero cantos anos levaban sen tocala? ¿estaba na setlist sequera? Non, e iso fai a Danko Jones grande, máis aínda; un home amosoulle un cartel e a resposta de Danko foi «sabes, tío? Non íamos tocar esa canción, pero molestacheste en facer o cartel, ímola tocar» e unhas cinco cancións máis tarde Danko fixo honor á súa palabra.


 Despois de I Believed in God retiráronse antes de volver para os bises (que non mereciamos, que pouco se berrou) que foron I Think Bad Thoughts, Legs e Mountain. Na primeira desviouse da canción, e cando nos quixemos dar conta tiñanos tarareando a toda a sala Iron Man, de Black Sabbath. Na segunda Bombus colocaronse diante das barreiras e dérono todo, catro suecos facendo headbanging ó mesmo tempo (mágoa que non haxa video) e parando para intentar coller a Danko ou a John dende abaixo «para os do fondo da sala, que non podedes velo, Bombus están aquí diante intentando foder con nós». E con Mountain... pois que dicir? A súa canción máis persoal, nunca recopilada nun album de estudio e que cerra tódolos seus concertos, nela contanos como vai ascender ó monte máis alto e unha vez alí se vai encontrar con (insertar nomes de grandes rockeiros falecidos) ademais de ensinarnos o seu mantra para subirse a autoestima.

 Remata o concerto, ovación xeral.

 Bonus Track: Despois do concerto quedamonos pola sala e tivemos oportunidade de falar con Bombus e J C (do que por certo teño a súa muñequera) e tiven oportunidade de sacar unha foto con Atom (na que teño os ollos cerrados) todos moi agradables. Entereime de que Bombus van sacar disco novo «in August», haberá que comentalo por aquí cando chegue o momento.

 Vou concluir sendo obxectivo (e non un fan obsesivo): foi un moi bo concerto, un grupo como ten que ser: que gañe nos concertos, non ó contrario. Oxalá sigan dando concertos en salas pequenas, inda que lles desexo o mellor e os escenarios grandes tampouco se lle dan mal, pero xa sabedes, cousas diferentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario