sábado, 6 de abril de 2013

Beady Eye teñen novo single


Hai algún tempo contabamos aquí que Beady Eye estaban a preparar o seu segundo disco, o sucesor de Different gear, still speeding, que aínda non tiña nome nin data de lanzamento prevista. Pois ben, a día de hoxe seguimos sen coñecer eses datos pero semella que o disco está máis próximo, xa que unha radio estadounidense –a KRCW– ven de emitir «Flick Of The Finger», o primeiro single do que será o novo traballo da banda.
O single, que estaba previsto para o día 15 de abril, xa se pode escoitar de balde en Soundcloud. O son aporta máis ben poucas novidades, e é que parece pouco probable que os ex Oasis se reinventen a estas alturas. Aínda que tampouco lles fai falta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario