viernes, 1 de febrero de 2013

Unha praza de Granada levará o nome de Joe Strummer

O lider e cantante da xenial banda de punk inglesa The Clash , Joe Strummer, terá ó fin unha praza con seu nome na cidade granadina.


Fai uns cantos días coñecíamos a noticia, a comisión de honores da cidade de Granada, tras unha proposta cidadana impulsada polo diario local Ideal e apoiada por miles de cidadáns en facebook, decidiu rendir tributo ó cantante mediante unha pequena praza co seu nome cerca da Alhambra, por a sua contribución a cidade, levando o nome desta polos escenario de medio mundo.

A sua historia coa cidade ven de moi lexos, foi no ano 1984 cando o cantante, fuxindo dos problemas na banda, refuxiouse na cidade granadina, quedando prendado da cultura e da historia. O amor que sentia Joe Stummer por España e polo bando republicano quedou presente no seu tema Spanish Bombs, un dos temas máis aclamados de The Clash, coa coñecida frase "Granada, oh ma corazón".

Durante o largo tempo que viveu no sur de España, produceu a moitos grupos locales, impregnadose desa cultura que tanto lle fascinaba. Agora a cidade lle devolve parte do recivido mediante esta praza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario