martes, 5 de febrero de 2013

The animals

The Animals é un grupo de blues e rock britanico fundado en 1962 por Eric Burdon (voz), Alan Price (órgano e teclados), Hilton Valentine (guitarra), John Steel (batería) e Chas Chandler (baixo).

Facendo unha música baseada principalmente en blues, comenzaron versionando a grandes músicos coma John Lee Hooker, Sam Cooke, Ray Charles, Nina Simone e Jimmy Reed. Precisamente a sua fama ven en parte debida a unha versión, The House of Rising Sun, tratase dunha canción popular americana sen autor coñecido, narra a historia de alguen que non tivo fortuna na cidade de Nova Orleans.

Facilmente recoñecibles polo seu blues eléctrico, e pola enorme e profunda voz do cantante, tiveron unha gran influencia en moitos artistas posteriores, o propio Bruce Springsteen recoñeceu como o marcaron. No ano 1994 conseguiron entrar no Rock and Roll Hall of Fame, gracias en parte a temas como este We Gotta Get out of This Place que vos mostramos a continuación.

Os seus clásicos son un recurso recurrente tanto no cine coma na televións, cunha lista interminable de aparicións dende 1964 ata os nosos días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario