jueves, 28 de febrero de 2013

Def Leppard tocará na Coruña xunto a Whitesnake e Europe

Grandes noticas nos trae o día de hoxe, a xira de Def Leppard pasará por España este verán, e a cidade coruñesa será unha das catro cidades onde a banda británica pasará a deleitarnos co seu hard rock clásico, acompañada de dous grandes do xénero como Whitesnake e Europe.

A nosa será a última parada da xira en España, precedida por San Sebastián, Barcelona e Madrid, coas seguintes datas:
23 xunio- San Sebastián (Donosti Arena)
24 xunio – Barcelona (Palau Olimpic)
26 xunio – Madrid (Vistalegre)
28 xunio – A Coruña (Coliseum)

Son xa 17 anos dende a última visita de Def Leppard, e nesta ocasión a banda inglesa ven con motivo dunha xira mundial chamada VIVA Hysteria!, no que interpretarán o seu mítico disco Hysteria de 1987, xunto a todos os seus grandes éxitos. Whitesnake virá presentando o seu último disco Forevermore, intercalado seguramente cos seus clásicos, e a banda sueca Europe virá tamén presentando novo disco, Bag Of Bones.

Se xa por si mesmo o concerto ten o seu atractivo, tan ben acompañado con Europe e Whitesnake resulta irresistible, unha excelente oportunidade de disfrutar en conxunto de tres pesos pesados do hard rock dos oitenta. Non o perdades!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario