jueves, 17 de enero de 2013

Preparandovos para o novo lanzamento de 2cellos

Hoxe queremos amosarvos algo que tan só se pode catalogar como impresionante. A dous rapaces croatas, Luka Šulić e Stjepan Hauser, que se dedican a adaptar grandes temas de rock ó seu instrumento favorito, o violonchelo.

Chamados 2cellos, acadaron un enorme éxito gracias a youtube e a sua versión do clasico de Michael Jackson smooth criminal.


Semellante éxito levounos a firmar un contrato musical no 2011 con Sony Masterworks, e a lanzar o seu propio disco de versións ese mesmo ano, incluindo temas de grupos coma U2, Guns N' Roses, Nine Inch Nails, Sting, Coldplay, Nirvana, Muse, e Kings of Leon. Persoalmente me fascina a versión Welcome to the Jungle dos Guns N' Roses.

O éxito destes rapaces iba en aumento, aparecendo a sua versión de Smooth Criminal na serie Glee, e incluso o propio Elton John tras visualizar o tema que os fixo famosos, pediulles que se lle uniran na xira que ese mesmo verán o levaría por unha trintena de cidades.

Semella que o destes rapaces non foi flor dun día, xa que este mesmo 22 de xaneiro publicarán o seu segundo álbum de versións, IN2ITION. Nesta ocasión rodeanse de xente coma Elthon John, Steve Vai ou Naya Rivera (da serie Glee) para adaptar temazos de Fleetwood Mac, The Prodigy, Coldplay, Rihanna, AC/DC, Muse, Elton John ou The Police.

Un disco que promete non deixarnos indiferentes como ben mostra o single, unha excelente versión do Highway to Hell de AC/DC acompañados por Steve Vai.


Pero sen lugar a dúbida, se algún tema vos vai deixar sen fala é o Supermassive Black Hole de Muse coa execelente voz de Naya Rivera, imperdible.


Por se vos quedades con ganas de máis, o canle de 2cellos en youtube. 2CellosVEVO

No hay comentarios:

Publicar un comentario