jueves, 27 de diciembre de 2012

Versión de I Fought the Law por The Clash

Hoxe traemos unha versión do ano 1979 de parte do grupo inglés de punk, The Clash. O tema en cuestión chamase I Fought the Law (and the law wons), un tema escrito ala no ano 1960 polo cantante e escritor americano Sonny Curtis para a banda de rock & roll The Crickets, onde tamén estaba o gran Buddy Holly.

Esta canción acadou o éxito nunha versión posterior a orixinal, feita polo tamén americano Bobby Fuller, quen no ano 1966 conseguiu que o tema chegara ao top dez de ventas. I fought the law por bobby Fuller.

Curiosa canto menos é a historia da versión feita por The Clash. En 1978 durante a grabación do álbum Give 'Em Enough Rope, o cantante Joe Strummer e o guitarrista Mick Jones voaron a San Francisco para facer overdubs no estudio The Automatt. O dono do estudio tiña unha colección de máquinas tocadiscos, as clásicas Jukebox americanas. Os dous intengrantes de The Clash escoitaron a versión de Bobby Fuller nunha de esas vellas máquinas, e decidiron que cando regresaran a Inglaterra farían a sua propia versión.

E aquí tendes o resltado, un tema con toda a forza do punk.

No hay comentarios:

Publicar un comentario