jueves, 8 de noviembre de 2012

Concerto de W.A.S.P. hoxe en Santiago na sala Capitol


Hoxe 8 de novembro terá lugar na sala Capitol de Santiago o concerto de un dos maiores expoñentes do heavy metal da costa oeste americana, W.A.S.P..

Dará comezo as 20:30, e os prezos das entradas entre os 25€ da anticipada e os 32€ en taquilla.

Un 21 de setembro de 1982 daban o seu primeiro concerto na cidade de Los Angeles, e o 21 de setembro de 2012 arrancaron no Reino Unido o que será a xira do seu 30 aniversario, "30 years of thunder", que os levará ao redor do mundo para celebralo cos seus fans.

O redor de duas horas de incrible expectáculo que dividirán en tres partes (homenaxe as distintas épocas) según informan na sua web. Na primera, durante case unha hora recordarán os éxitos dos seus catro primeiros álbums. A segunda consistirá nunha versión de “The Crimson Idol” acompañada dunha película durante 25 minutos. E xa na terceira e última parte do show mostrarán o material máis recente da banda.

Todo acompañado da xenial posta en escena que caracteriza a banda, con pirotecnia, videos, e elementos clásicos de W.A.S.P.

Venta de entradas: Portobello (A Coruña) - Elepé (Vigo) - Fnac - Carrefour - Puntos da rede Ticketmaster.es e no teléfono 902 150 025

Deixamosvos un dos seus grandes clásicos para ir quentando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario