jueves, 27 de septiembre de 2012

26 anos sen Cliff Burton

Se fai apenas dous días recordabamos o fallecemento de John Bonham, hoxe temos que recordar outra sentida morte no mundo do rock, neste caso un desgraciado accidente de bus acabou coa vida de Cliff Burton, baixista de Metallica, un 27 de setembro de 1986.

Nesa data, fai 26 anos, Metallica despois de dar un concerto en Estocolmo, subironse ao bus da xira para tocar ó día seguinte en Copenhague. Durante esa viaxe de madrugada, o conductor perdeu o control do vehiculo saindose da calzada e dando voltas de campana. Cliff saíu despedido do autobus, e este caeulle enrriba, terminando deste xeito coa sua vida.


Se existe unha canción que nos faga recordar ao malogrado Cliff en todo o seu esplendor, sen dubida esta é "For Whom the Bell Tolls", con unha intro composta polo mesmo Cliff antes de unirse a Metallica. A mostra máis representariva da sua forma de tocar, unha enorme distorsión do baixo que o fai parecer unha guitarra.
Inda hoxe, nas versións en directo do tema, comenzan cun solo de baixo en honor a Cliff.

Un temazo, no que podemos ver o enorme músico que se perdeu a idade de 24 anos.



Como apunte, o título do tema procede da novela de Ernest Hemingway do mesmo nome que trata sobre a Guerra Civil Española.

ACTUALIZACIÓN:
Metallica permite a descarga gratuita do concerto de Le Riff na cidade francesa de Toulouse de novembro de 1984 como homenaxe a Cliff Burton.
Dende aquí podedes descargalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario