viernes, 13 de julio de 2012

Maña arranca o festival Nordestazo Rock

A poucas horas de que de comenzo en Malpica o festival Nordestazo Rock, dende Rocking Na Eira desgranaremosvos o que promete ser unha corta pero intensa cita para os amantes da música en directo.


A festa promete dende ben cedo, a mañá de 11h a 15h celebrarase unha ruta en kayak na praia de Malpica, seguido duha sardiñada a partires da 13:30h.

A música comenzará as 18h cunha actuación acustica da man de Skarallaos. Para as 21h abrir as portas do que será unha noite intentas de boa música.

Comezará tocando a banda coruñesa Exit as 22h, coas suas versión de grandes clásicos do rock. Quentarán ó público ata que as 22:50h sexan Moon Cresta os encargados de continuar cunha festa que terá o seu punto álxido ás 00:05h. Momento no que os "Máis Grandes", os máximos expoñentes do Rock Bravú, os Heredeiros da Crus sairán a contaxiar a sua enerxía e ganas de festa a todos os asistentes.

Serán algo máis de duas horas moi intensas, pero que seguramente non remate coas ganas de festa. A noite continuará coa actuación do grupo de hip hop de Ordes Dios que te Crew as 2:20h e que finalizará da man do Toño DJ as 3:25.

Unha noite que promete moita festa, e que nos esperamos estar alí para poder contarvolo. Non o perdades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario