martes, 26 de junio de 2012

Disco Recomendable The Doors

Voltamos coa sección de Discos Recomendables cun disco que data do ano 1967, sendo un dos dos mellores álbums de debut da historia, falamos como non pode ser doutro xeito do disco homónimo da banda americana The Doors.


Unha banda que con tan só oito anos de vida, do 1965 ó 1973, foi capáz de converterse nunha das bandas máis influintes e innovadoras da historia do rock. Boa parte disto é culpa desta obra de arte, onde de comenzo a fin nos deleita cun potente rock psicodélico.

Dende o primeiro e excitante tema Break on Through, hasta o The End capáz de entristecernos, obtemos un disco máis que recomendable cheo de temazos, calquera deles podería presentar o disco:
1. "Break on Through (To the Other Side)"
2. "Soul Kitchen"
3. "The Crystal Ship"
4. "Twentieth Century Fox"
5. "Alabama Song (Whisky Bar)"
6. "Light My Fire"
7. "Back Door Man"
8. "I Looked At You"
9. "End Of The Night"
10. "Take It As It Comes"
11. "The End"
Nos escolleremos o tema co que abre este disco, disfrutade vos do resto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario