jueves, 10 de mayo de 2012

Versións de Personal Jesus

Personal Jesus é un tema da banda inglesa de rock electrónico Depeche Mode, que foi publicado en 1989 no seu septimo álbum chamado Violator. Converteuse xunto a "Enjoy the Silence", tamén presente neste disco, nun dos temas máis famosos e valorados da banda.


Cun curioso significado, o tema foi inspirado no libro de "Elvis and Me", según palabras do guitarrista e compositor da banda Martin Gore: "É unha canción de como ser Jesús para alguén máis, alguén que che da esperanza e atención.". Un tema que se convertiu nun éxito mundial, e que se versionou de formas tan dispares como veremos agora.

A primeira das duas versións que comentaremos corre a cargo do cantante americano de coutry e rock & roll Johnny Cash. No 2002 realizou unha versión máis intimista deste tema, onde coa sua profunda voz e cun simple riff acustico convertiron a canción a un tema moito máis blues. Unha maravilla de versión.


A segunda das versións foi realizada no 2004 polo cantante tamén americano de metal alternativo Marilyn Manson. Unha versión moito máis potente, no que as distorsións da guitarras añadenlle un toque de dramatismo a un tema que conserva a estructura e a melodía da canción orixinal. Acadou con esta versión unha enorme acollida, conseguindo un dos seus maiores éxitos na lista de ventas.


Tres enormes versións do mesmo tema, temos para elexir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario