sábado, 5 de mayo de 2012

Versión Heredeiros da Crus (Parte II)

Retomamos a entrada de versións, esta vez para continuar falando do disco Recambios Tucho, un disco completamente de versións feitas polos Heredeiros da Crus do que xa comenzamos a falar nesta entrada.

O primeiro dos temas dos que falaremos hoxe tratase do "Ca man dinlle dous", versión de Cum on feel the noise composto pola banda inglesa Slade pero que popularizou a banda amerixana Quiet Riot, tema do que xa falamos neste blogue.

Unha simpática versión como as que nos ten acostumados os Heredeiros.



A segunda das versións que veremos hoxe do disco Recambios Tucho tratase de "Foise con Ruth", versión de Fox on the run, creada en 1974 pola banda inglesa de glam metal Sweet. Cunha letra adicada ás groupies, foi versionada por moitisimos grupos como Red Hot Chili Peppers, Girlschool, Scorpions ...



E como non podia ser doutra forma, a versión orixinal para que comparedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario