miércoles, 23 de mayo de 2012

Versión de Jailbreak

Hoxe falaremos dun tema da banda de rock irlandesa Thin Lizzy que tivo unha enorme importancia nos 70's, e que se converteu nunha das bandas irlandesas máis aclamadas da escena rock.

A canción en cuestión chamase Jailbreak e foi publicada en 1976 no álbum co mesmo nome co que a banda acadou o seu maior éxito, xa que a este temazo sumaselle o famoso "The boys are back in town" tamén presente no disco.



A versión que veremos hoxe corre a cargo da banda americana Hollywood Roses, fundada por Axel Rose en 1983 é a precursora de Guns N' Roses, que se creou tras a unión desta banda e de L.A. Guns. En colaboración con Mick Taylor, que fora guitarrista de Rolling Stones realizaron esta xenial versión do temazo de Thin Lizzy.

Unha versión de puro hard rock.

No hay comentarios:

Publicar un comentario