martes, 3 de abril de 2012

Para tempos de seca

Nestes tempos nos que todos andamos a piar pola chuvia, venme a cabeza un tema chamado "Have you ever seen the rain?", pertencente a banda estadounidense de rock Creedence Clearwater Revival (CCR), moi importantes nos anos 70, e un dos maiores exponentes do Coutry-Rock americano.

Publicada en 1970, moito se ten especulado polo significado desta fermosa canción, significado que inda a día de hoxe non se ten claro. Unha das posibles interpretacións que se fai do tema é que pode tratar sobre a guerra de Vietnam, sendo "rain" (chuvia) unha metáfora das bombas caendo do ceo. Pero esto non son maís que especulacións, John Fogerty, lider da banda, declarou que o tema trataba sobre as tensións e encontronazos dos compoñentes do grupo, que provocaron a sua disolución.

Sexa cal fora en principio o mensaxe que querían transmitir con esta canción, converteuse en todo un clásico do rock, versionado por multitude de artistas como Rod Stewart, Boney M, REM, Dire Straits e moitos máis. Podedes ver todos aquí.

Semella que é un deses temas abertos a interpretacións. Nos non nos quedaremos con ningún dos significados anteriores, senon co desexo de ver chover.

2 comentarios:

  1. "Andamos a piar pola chuvia", encántame a expresión. Parabéns pola entrada!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas!! pensei que me iban a "chover" moitas críticas por ser tan persoal. :)

      Eliminar