jueves, 12 de enero de 2012

Versión Cum On Feel The Noise

Hoxe mostramosvos unha exitosa canción de rock escrita e publicada pola banda inglesa Slade de quen xa comentamos algún tema aquí. Con "Cum On Feel The Noise" conseguiron moi boas ventas, ocupando o primeiro posto de ventas no Reino Unido, pero non foron capaces de extender ese éxito ós Estados Unidos.

Foi a banda america de glam metal Quiet Riot quen en 1983 incluiu no seu álbun Metal Health unha versión deste tema a petición da discografica. Sen estar moi convencidos, con uns cantos amaños, e sen ensaiar nin unha sola vez, grabaron unha única toma da canción que é a que aparece no disco.

A pesar do que poida parecer, gracias a esa versión tan malquerida pola banda nun primeiro momento, lograron por primeira vez na historia, que un disco de Heavy Metal ocupara a primeira posición na lista de ventas. Un precedente que favoreceria a visión que as discograficas tiñan deste xénero.

Para que disfrutedes deste enorme tema.



E por se o queredes comparar co orixinal de Slade. http://youtu.be/VLsw668PVyY

No hay comentarios:

Publicar un comentario