miércoles, 18 de enero de 2012

Crónica do concerto de Travelling Rock Band

O venrres 13 tivemos a fortuna de asistir a un concerto na cidade da Coruña dun grupo local de rock. Un deses concertos sen pretensións, onde o que menos importa é a posta en escena ou o tamaño do local, tan só importa a música.

Cerca de dúas horas de intenso rock and roll, onde o grupo Travelling Rock Band, composto por dous guitarristas, un baixista e un batería, deleitounos con versións de grandes clásicos de grupos como The Beatles, Creedence Clearwater Revival, Chuck Berry, os Rolling ou Litle Richard. Tampouco se olvidaron do rock nacional, onde sonaron temas de Loquillo cos seus trogloditas, os Secretos, Tequila e a Orquesta Mondragón. Todo excelentemente intercalado con temas propios, mostrando do que son capaces de facer cos instrumentos nas máns.

Despois de escoitar a primeira canción, Sgt. Peppers dos Beatles, e ver que o baixista tiña nas máns un modelo semellante o baixo de Paul McCartney, sabiamos que nos esperaba unha boa noite de rock. Comenzaron algo frouxos, pero rápido cambiou a nosa impresión, cun par de temas propios, unha dos Secretos e co "Bad Moon Risisng" da Creedence xa nos tiñan embelesados. Continuaron facendonos rir co "Ponte Peluca" da Orquesta Mondragón, cun tema propio e co "Rock & Roll na praza do pobo" dos Tequila.

Todo ben ata o momento no que tocaron o "Johnny B. Goode" de Chuck Berry, tema de guitarra por excelencia e que os guitarristas fixeron moi ben, pero onde o batería nos deixou abraiados, saleuse con todas as palabras.

Continuaron con un par de temas de Loquillo e un dos Beatles intercalados con 6 temas propios onde demostraban o seu carácter rockero, no que as veces recordaban a Chuck Berry. Logo dun pequeno descanso chegou o bis, pedido por un público algo frío ata o momento. Tocaron para despedirse o "Lucille" de Little Richard unha dos Rolling, outra dos Beatles e unha propia para pechar unha estupenda noite de rock and roll.

Un grupo moi recomendable, con tan só unha pega, a falta de voz dos seus cantantes, inda que os guitarristas non cantan mal, precisan de alguén que lles dé ese toque que lles falta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario