jueves, 24 de mayo de 2012

Terbutalina ten novo disco: Hostias para todos



O vídeo superior (non o vexas se lle tés pánico ao sangue) é o videoclip oficial de Suisidarse, adianto do último traballo da Terbutalina que, desde hoxe, xa se pode escoitar ao completo.
O EP, Hostias para todos, segue a liña do demoledor Broncodilatador; igual de bo pero aínda máis breve. Son sete cancións do que eles gustan de chamar gastropunk; rock sucio, directo e asmático. Sete cortes, todos moi curtos, que teñen como resultado un EP que supera por pouco os 11 minutos de duración, que che fará bailar e que podes escoitar, de balde, no reprodutor de abaixo.


Para descargar Hostias para todos | Bandcamp de Terbutalina

No hay comentarios:

Publicar un comentario