Hoxe cumplense dous anos da morte do xenial cantante de Heavy Metal Ronnie James Dio que triunfou en grupos como Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven & Hell. Pero foi en Black Sabbath onde se fixo un nome na música sustituindo a Ozzy Osbourne en 1979 (que saiu polos seus problemas de alcoholismo), e onde unha teima del converteuse nun símbolo asociado ao Rock e ao Heavy Metal en particular.
O xesto de levantar o indice e o meñique da man, simulando uns cornos, asociouse rápidamente a Black Sabbath. Unha banda que xa disfrutaba dun enorme éxito, sendo considerada os creadores do heavy metal, e extrapolouse a todo o xénero musical.
Dio non inventou o xesto, de pequeno viallo facer a sua avoa de ascendencia italiana, tanto para protexerse do "mal de ollo" como para botalo. Un xesto chamado "malocchio", que el perfeccionou e deu o sentido que hoxe todos lle atribuimos.
El mesmo no documental de "Metal, A Headbanger's Journey" o explicaba deste xeito. Un documental moi recomendable.
Como non podía ser doutra forma, recordemos a sua excepcional voz cun dos seus temazos, Heaven & Hell.
No hay comentarios:
Publicar un comentario