miércoles, 9 de mayo de 2012

A canción clave para o desenvolvemento do Heavy Metal

Moitos son os que consideran que o heavy metal nace a partir do grave són das guitarras de Black Sabbath, pero nesta afirmación hai que facer un inciso, existe antes deles un tema que marcaría o camiño a seguir no desenvolvemento deste xénero, a canción Helter Skelter.

Helter Skelter tratase dunha canción dun grupo que fixo e desfixo no mundo da música, The Beatles. Unha banda saida da cidade inglesa de Liverpool que pouca presentación precisa, xa que se trata da banda máis exitosa e aclamada da historia a pesares de que tan só estiveron xuntos dez anos, de 1960 a 1970. Fixemos fai un tempo unha recomendación do seu mellor disco, o mellor disco de todos os tempos según a revista Rolling Stone.

Esta canción publicada en 1968 no disco "The White Album, foi escrita por Paul McCartney coa intención de facer un tema cun són tan forte e sucio como fora posible. A idea ocurreuselle lendo un artigo da revista Guitar Player onde contaba que The Who acababa de publicar un tema extremadamente salvaxe e estridente. McCartney deseoso de explorar todas as vertentes do rock, decidiu compoñer algo que se axustase a descripción, superandoo se fose posible.

Versionada por unha lista interminable de artistas, converteuse nun temazo que marcou o comenzo do camiño que tantisimas bandas seguiron despois.


O nome da canción fai referencia a un tobogán en espiral, propio dos parques británicos, e o propio McCartney dixo dela que utilizou o tobogán como un símbolo de caída e decadencía.

Podedes ver a lista dos artistas que a versionaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario