lunes, 21 de octubre de 2013

Escoita (canto antes) Afterlife, o novo de Arcade Fire

Sendo prudentes e facendo un esforzo por conter a emoción, poderíamos dicir que temos moitísimas ganas de que chegue o próximo martes para escoitar o novo traballo de Arcade Fire, do que xa che contamos algo por aquí. Hoxe coñecemos Afterlife, un novo tema do álbum que debes escoitar antes de que algunha discográfica se encargue de facelo desaparecer de Soundcloud e que, xa falando do puramente musical, segue na desconcertantemente atractiva liña de Reflektor, é dicir, pop electrónico, denso e bailábel. Onde quedaron os Arcade Fire de Funeral? Alén de cuestións nostálxicas, Afterlife soa, para o que escribe, moi ben, tanto ou mellor que Reflektor, o primeiro adianto. A ver se hai sorte e se filtra o álbum completo un día destes. Por agora, escoita Afterlife (mentres dure en Soundcloud, que non adoita ser moito) e cóntanos.

Actualización: o enlace, como diciamos, durou pouco. Engadimos un novo (que tampouco durará moito).
Actualización 2: xa hai vídeo oficial, que con certeza durará máis que as ligazóns de Soundcloud.

martes, 10 de septiembre de 2013

Little Richard retirase

E se onte falabamos de que o gran Paul McCartney non se retirará nunca, hoxe temos que falar xusto do contrario con Little Richard.


Este pioneiro do rock n' roll, Richard Wayne Penniman nado en Georgia o 5 de decembro de 1932, anunciou fai apenas uns días que se retira do que foi pasión e motor da sua larga e intesa vida. Con problemas de cadera e ciática, lexos quedan aqueles anos de actuacións explosivas, e agora o uso da cadeira de rodas é moi frecuente.

"Xa está, terminouse. Non me sinto con ganas de facer nada agora mesmo."

As suas primeiras grabacións a principios dos 50, mezcla de blues y rhythm and blues, e fortemente influenciado polo gospel, marcaron o comenzo dunha nova clase de música. Ten dito de el mesmo que se considera como o "arquitecto" do rock and roll pero que a cor da sua pel (e a sua condición sexual) apartarono da gloria, acaparada entre outros por Elvis.

Sen lugar a dúbida, un dos máis grandes da música, que xunto a outros moitos coetaneos, romperon as reglas, influenciaron e allanaron o camiño a grandes lendas como Elvis, The Beatles e Rolling Stones ...

Tan so nos queda despedirdos co seu famoso grito de guerra "a-uam-ba-buluba-balam-bambu"


Long Tall Sally


Lucille

lunes, 9 de septiembre de 2013

Isto podería ser (ou non) Reflektor, o novo de Arcade Fire


Empezou como un rumor. Logo outro rumor veu asegurar que a filtración era falsa, para rematar un rumor de Pitchfork confirmando que era lexítima. Cómpre, por tanto, sermos prudentes, pois semella factíbel que nas próximas horas apareza outro rumor dicindo que é todo unha broma de mal gusto. Porén, até onde sabemos a estas horas, isto é o primeiro, misterioso e desconcertante adianto do novo traballo de Arcade Fire que a rede está titulando Reflektor, mais non temos certeza ningunha que ese sexa o título real do sinxelo; de feito, e para complicar máis o asunto, ven de se filtrar unha suposta lista de cancións do álbum e ningunha leva por título Reflektor. É dicir, en resumidas contas, non sabemos nada.

Que xulgue o lector. O que sabemos é que o tema é moito tema cuantitativamente falando (sete minutos), non tanto atendendo a criterios cualitativos (aínda que a discusión está servida) e decididamente bailábel e sorprendente. E, por se fose pouco, parece ser que, se prestamos atención, podemos escoitar a David Bowie nos coros.
 

Paul McCartney asegura que non se retirará nunca

Máis que unha noticia, presentasenos coma unha confirmación do propio artista. Ninguen dubidaba que este xenio de Liverpool continuaria agasallandonos coa sua música mentras puidera. El mesmo aseguraba en declaracións a emisora WXRT de Chigaco que nunca querrá retirrarse da música.

"O que máis me gusta na vida é facer música. Se me retirara, seguiría facendo exactamente o meso que agora, así que o mellor que podo facer é non retirarme. Ademáis... ¿retirarme de que? Eu esto non o fago para nada", aseguraba o ex Beatle.


Os seus 71 anos, semella ter folgos para rato, sigue compoñendo e deixandonos actuacións tan interesantes como a de fai uns meses cos ex de Nirvana, onde tocaron clásicos como o Helter Skelter, Get Back ou o clásico de Little Richard Long Tall Sally.

Esta non é a única noticia sobre a sua persoa, xa que ven de presentar o adianto do que será o seu novo álbum, o decimo sexto da sua carreira en solitario, New, inda sen portada, sairá a venta o próximo 14 de outubro.

Desfrutade do adianto.

sábado, 7 de septiembre de 2013

"Verguenza Torera", o novo de Rosendo

O próximo primeiro de outubro poderemos botarlle a man o novo disco de Rosendo, "Verguenza Torera", o decimosexto da sua carreira, que se di rápido. O maestro de Carabanchel semella ter corda para rato.


Tres anos pasaron dende o último disco de Rosendo, o A veces cuesta llegar al estribillo, unha larga espera, que se aplaca en parte co adianto do álbum, do mesmo nome, Verguenza Torera, sen dúbida un single que dará moito que falar.



A lista de temas do álbum:
1. Al lodo brillo
2. Vergüenza torera
3. Y venga vueltas
4. Haciendo cábalas
5. Autócratas
6. A remar
7. Muela la muela
8. Delirio
9. Dubitando
10. Cuándo
11. Ni fu, ni fa

viernes, 6 de septiembre de 2013

Single e tracklist do novo de Pearl Jam

Pouco máis dun mes falta para o novo disco de Pearl Jam, o chamado Lightning Bolt, que sairá a venta o próximo 15 de outubro.

Este esperado álbum será o décimo da carreira dos de Seattle, tras catro anos de espera dende o Backspacer. Para ir abrindo boca ata a fecha de lanzamento, xa podemos disfrutar do adianto do álbum en forma de videoclip, o Mind Your Manners.



Ademáis, xa coñecemos a lista de cancións deste novo e esperadisimo disco. A propia banda compartia nas redes sociales o tracklist do Lightning Bolt en forma de ilustración para cada tema do disco, creada por Don Pendleton.


Inda sen videoclip, podemos disfrutar tamén do tema que da nome o álbum, o Lightning Bolt, e do Future Days, temas que presentaron en directo no concerto de Chicago este verán.

viernes, 9 de agosto de 2013

Un mes para o novo de Arctic Monkeys. Repasamos a súa traxectoria

No Nadal de 2001, mentres en Estados Unidos The Strokes se dedicaban a salvar o rock con Is This It, Yann Tiersen triunfaba coa banda sonora da infame Amélie e Oasis lembraba tempos mellores co seu recompilatorio Only Hits, dous veciños de Sheffield abrían os seus presentes, como facía o resto da cidade e, con certeza, o resto do Reino Unido e boa parte do mundo occidental. Facíano con moderada sorpresa, apenas moderada, pois Santa Claws fora conservador ese ano e deixara na casa dos Cook e os Turner, como pediran, cadansúa guitarra eléctrica.

Sheffield viña de sobrevivir, como o resto do planeta, ao Efecto 2000. Os cada día máis abundantes computadores dos habitantes de Sheffield conectábanse cada día con máis frecuencia a Internet, boa parte deles na procura música. O comezo da década foi o da popularización de Napster e o mp3 e o nacemento de MySpace. Aínda que xa daquela –especialmente daquela– a industria musical cargaba fortemente contra as descargas ilegais e o P2P, o intercambio de ficheiros foi chave no vertixinoso suceso da banda de Alex e Jamie á que xa boa parte dos sheffielders coñecían como Arctic Monkeys.